5 C
Santa Comba
sábado, marzo 30, 2024

Dúas persoas resultan feridas en Santiago nunha colisión entre un camión e un autobús

INFO – AXEGA 112-

Unha colisión producida entre un camión e un autobús, na localidade de Santiago de Compostela, saldouse con dúas persoas feridas e trasladadas.Varias testemuñas do accidente comunicáronse cos xestores do 112 Galicia, ás cinco e media da tarde, para solicitar asistencia médica para os implicados. O alcance tivo lugar na estrada N-550, arredor do punto quilométrico 54.

Deste xeito, desde o Centor Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia notificáronselle os datos aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos Bombeiros e membros de Protección Civil da cidade.

Unha vez no lugar do sinistro, Protección Civil de Santiago confirmoulle ao 112 que dúas persoas que viaxaban no camión necesitaron ser atendidos no punto pola ambulancia. Pola súa banda, o 061 indicou que trasladaron aos dous feridos ao centro hospitalario de referencia. Por fortuna, os pasaxeiros do autobús non sufriron danos e fixeron transbordo noutro vehículo para continuar a ruta.Co fin de manter a seguridade na calzada, tamén se lle deu aviso ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos