Informa-AXEGA 112-
Accidente múltiple en Carballo- Pasadas as 15:00 horas, o 112 Galicia tamén foi coñecedor dun choque entre tres turismos, en Carballo.Foi unha testemuña quen alertou do sinistro ocorrido na Avenida de Bértoa e no que indicaba que había unha persoa ferida.
Con estes datos, desde o CIAE-112 comunicóuselle o suceso aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Carballo e a Protección Civil.Xa no lugar, a patrulla da Policía Local confirmou a implicación de tres vehículos no accidente e comunicou que unha persoa necesitou ser trasladada pola ambulancia.