14.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Evacúan a un neno que quedou illado pola marea nunhas rochas da praia de Boca do Río en Carnota

Info-AXEGA 112

Os efectivos de Protección Civil de Carnota axudaron a un neno que se atopaba en apuros esta tarde, na praia de Boca do Río, despois de quedar illado polo nivel do mar nunha zona rochosa do areal.

Foron os propios familiares do rapaz os que se puxeron en contacto co 112 Galicia, sobre as 15:00 horas, para solicitar axuda e facer que este puidese chegar a terra firme. As persoas indicaban que o menor de idade estaba, en perfecto estado, sobre unhas rochas das que non podía moverse debido á subida da marea e á corrente que o rodeaba.

Axiña, os xestores do CIAE-112 avisaron a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.

Estes últimos foron os que, minutos despois do aviso, lle confirmaron ao 112 que, xunto cos axentes da Policía Local, colaboraron na evacuación do neno por mar, dado a que a marea non cubría moito no punto. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais e, así, os medios de Salvamento Marítimo non tiveron que chegar a desprazarse.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos