11.6 C
Santa Comba
miércoles, enero 15, 2025

Un home foi evacuado en helicóptero despois de sufrir un atropelo por un tractor en Santa Comba

Informa AXEGA 112-

Un home necesitou ser evacuado en helicóptero medicalizado, na tarde de onte, logo de ser atropelado por un tractor, no concello de Santa Comba.Foron varias persoas particulares as que chamaron, sobre as 20:30 horas, ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica para un home que acababa de ser atropelado por un tractor no lugar de Randufe de Arrriba. Así mesmo, as testemuñas indicaban que a vítima estaba atrapada baixo unha das rodas do vehículo.

No momento, os operadores do CIAE-112 Galicia alertaron aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Ademais, tamén se lle comunicou a información a Protección Civil da localidade.

Poucos minutos despois, urxencias médicas notificoulle ao 112 que ían mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago para o lugar dos feitos.Finalmente,os medios de intervención desprazados confirmaron que a persoa non estaba atrapada polo vehículo agrícola e que foi evacuada na aeronave ao centro hospitalario de referencia.

NOTA

Segundo informaron os Bombeiros de Santa Comba esta persoa resultou atropleada «polo seu tractor». Os efectivos do parque comarcal procederon á estabilización do ferido e posterior traslado ao helicóptero de emerxencias do CHUS.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos