As instalacións de Ler librerías en Santa Comba acollerán a presentación do novo libro da escritora Arantza Portabales «La vida secreta de Úrsula Bas»(Lumen). O acto desenvolverase o venres 16 de xullo a partir das 20:30h.
A escritora estará acompañada pola xornalista Esperanza Calvo, que fará a presentación. Tamén intervirá a xerente de Ler librerías, Isabel Ares e a alcaldesa de Santa Comba, María Pose.