2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Falece un home nun accidente de tractor en Esmorode – Santa Comba

ACLARACIÓN// Nota- Segundo fontes consultadas por esta redacción o falecemento foi provocado por un infarto.

Informa AXEGA 112- (Nota de prensa)

Un home perdeu a vida esta tarde nun accidente co tractor que manexaba no lugar de Esmorode, en Santa Comba.Unha persoa particular contactou co 112 Galicia, ao fío das seis e media, para alertar do accidente. Na súa chamada, a testemuña do sinistro indicaba que o tractor rematara fóra da vía e batera contra un valado.

Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xallas, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo Municipal de Protección Civil.Xa no lugar do accidente, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao condutor do tractor.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos