Informa Axega 112-
Logo de máis de dez horas de traballo, os servizos de emerxencia deron por extinguido, contra as seis da madrugada, o lume orixinado onte pola tarde no interior dunha nave que contiña herba seca na parroquia de Fontecada, en Santa CombaOs feitos ocorreron, concretamente, no lugar de Barbeira e o 112 Galicia tivo coñecemento uns minutos antes das tres e cuarto da pasada tarde, a través dunha persoa particular.
Axiña, os xestores do CIAE-112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Xallas, da Garda Civil, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil. Pouco despois, para prestar colaboración nas tarefas de extinción, incorporáronse ao operativo os efectivos do GES de Brión e persoal de incendios forestais, con cadansúas motobombas. Ademais, tamén foi requerida a intervención da Garda Civil de Tráfico, a petición dos Bombeiros, xa que o punto no que traballaban estaba preto da estrada.
Xa preto das doce da noite, os servizos de extinción aseguraban que a situación estaba controlada pero, malia iso, continuaron os traballos dentro da nave para retirar alpacas de herba do interior e que non ardese máis. Finalmente, os Bombeiros deron por extinguido o lume sobre as seis da madrugada