6 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Aparece o corpo sen vida dun home aboiando no mar en Muxía

Actualización: a persoa localizada sen vida foi J.A.L.H., de 79 anos de idade e veciño de Madrid.

Informa AXEGA 112-

O corpo sen vida dun home foi atopado esta tarde flotando no mar na praia de Lourido, en Muxía.O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular, que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ás sete menos cuarto para dar conta de que atopara o corpo dun varón na auga, nunha zona rochosa.

Axiña, con estes datos, desde Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero de rescate para recuperar o corpo e no que foi trasladado ata o areal.

Ademais, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos axentes da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos