14.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Incendio nun almacén con herba seca no interior en Santa Comba

INFO-AXEGA 112- 19, 00H

Os servizos de emerxencia interveñen arestora na extinción dun lume orixinado no interior dun almacén que contén herba seca, en Santa Comba, sen que se rexistrasen danos persoais.

Os feitos teñen lugar en Barbeira, na parroquia de Fontecada.O 112 Galicia tivo coñecemento do incendio uns minutos antes das tres e cuarto desta tarde, a través dunha persoa particular.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Xallas, da Garda Civil, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil. Pouco despois, para prestar colaboración nas tarefas de extinción do incendio, incorporáronse ao operativo os efectivos do GES de Brión e persoal de incendios forestais, con cadansúas motobombas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos