-AXEGA 112-
Unha persoa tivo que ser evacuada, esta mañá, logo de colidir dous vehículos en Cabana de Bergantiños.O 112 Galicia recibiu o aviso a través dun particular que informaba, arredor das nove da mañá, dunha colisión entre dous vehículos, na parroquia de Canduas, concretamente no lugar de As Grelas. Segundo relataba o alertante, os ocupantes dos turismos accidentados puideron saír dos coches polo seu propio pé.
Con todo, recibida esta información, os xestores do 112 Galicia deron aviso aos servizos sanitarios, ao GES de Ponteceso, á Garda Civil de Tráfico e tamén, por se fose necesaria a súa intervención, aos Bombeiros de Carballo.Xa no lugar, os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal confirmaban que unha persoa tivo que ser evacuada en ambulancia