13.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Unha persoa foi trasladada por inhalación de fume logo de orixinarse un lume nun edificio en Negreira

Info-AXEGA 112

Esta madrugada, o 112 Galicia tivo coñecemento dun lume no baixo dun edificio na avenida de Santiago, na localidade coruñesa de Negreira.Un veciño do inmoble foi quen deu a voz de alarma, arredor das tres e media desta noite, cando advertiu que había moito fume no seu edificio e que os veciños non podían saír.

Así, de xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia deron aviso aos Bombeiros do Xallas, ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, ao GES de Brión, á Policía Local, á Garda Civil e a Protección Civil.

No momento en que os servizos de emerxencia chegaron ao lugar, relataban que había moito fume e que tamén había lume na rúa. Despois, confirmaron que o que ardera foran uns buzóns do portal e que, posiblemente, alguén lles prendera lume intencionadamente xa que había restos doutros obxectos queimados tamén no exterior do edificio.

Pouco despois, a Garda Civil afirmaba que o lume xa estaba apagado e que unha persoa precisou ser trasladada polos servizos sanitarios por inhalación de fume ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos