13.4 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Traballador evacuado en helicóptero en Carballo

– Info AXEGA 112-

Esta tarde o 112 Galicia tivo constancia doutra evacuación en helicóptero. Neste caso tratouse dun operario que resultou ferido cando realizaba o seu traballo nunha empresa do Polígono de Bértoa, na rúa da Madeira, no municipio de Carballo.

Tras recibir a chamada dun particular que pedía axuda, o 112 Galicia pasou aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén foron informados a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos do Servicio Municipal de Protección Civil.

Así, nada mais comunicar a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela e tomar terra moi preto do lugar onde ocorreron os feitos, os profesionais sanitarios confirmaron o traslado do paciente na aeronave ata o Hospital Clínico Universitario da Coruña.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos