9.7 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

Piden a limpeza do Camiño dos Faros en Muxía

O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía solicita ao goberno local que proceda a facer a limpeza do Camiño dos Faros ao seu paso polo municipio muxián.

«A realidade é que esta ruta convertiuse nunha actividade fundamental para o sector turístico do noso concello e non é lóxico que chegando ao mes de xullo esté no estado que está, prácticamente intransitable en moitos puntos», comenta a portavoz Sandra Vilela, que engade que «prometéuselle ao sector que a ruta se limparía a principios deste mes segundo nos comentaron algúns hostaleiros e, sen embargo, co mes acabado non existe ningunha actuación para mantelo en condicións».

Os populares lembran que desde o concello «o ano pasado anunciouse que se tería a unha persoa solo para o mantemento deste trazado pero, unha vez máis, quedouse en nada».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos