4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Un traballador resulta ferido ao caer dunha altura de dous metros en Santa Comba

info-AXEGA 112

Un traballador resultou ferido, esta mañá, ao precipitarse dunha altura de dous metros, na localidade de Santa Comba.O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular, a poucos minutos das doce horas, que solicitaba asistencia médica para un compañeiro que acababa de caer desde unha altura de dous metros, no lugar de Guisande.

De contado, desde o CIAE-112 informouse aos Servizos Sanitarios de Urxencia, á Garda Civil e á Policía Local e aos membros de Protección Civil do concello.

Poucos minutos despois, os servizos sanitarios comunicáronlle ao 112 que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago para o lugar do accidente laboral. Ademais, confirmaban que o operario non estaba atrapado.

Finalmente, o equipo médico de urxencias indicou que a aeronave medicalizada tomou terra no lugar dos feitos, pero que o traballador foi trasladado en ambulancia cara o centro hospitalario de referencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos