12.5 C
Santa Comba
sábado, abril 26, 2025

Unha persoa perde a vida en Carnota ao producirse un accidente entre dous turismos

Info-AXEGA 112

Os Bombeiros de Cee tiveron que intervir a pasada tarde no concello coruñés de Carnota para liberar á vítima mortal dun accidente entre dous turismos. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a colisión tivo lugar próxima á zona de Caldebarcos moi preto das sete horas.Foi unha persoa particular quen chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia para informar do suceso. Durante a comunicación cos xestores de emerxencias, informaba de que unha persoa rematara atrapada como consecuencia dun choque entre dous coches.

Nada máis ter constancia do ocorrido, desde o 112 pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee e aos membros do GES de Muros.

Desafortunadamente, unha vez no lugar, os equipos de intervención soamente puideron confirmar o falecemento da persoa atrapada. Así, os Bombeiros empregaron o material de excarceración para liberar á vítima e os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía local trataron de restablecer as condicións de seguridade na vía.

Así mesmo, desde o 112 Galicia informouse do sucedido, por se fora precisa a súa intervención, aos efectivos de Protección Civil de Carnota.

Nota- A vítima foi un veciño de Cee de 62 anos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos