Informa- AXEGA 112
Un home foi evacuado esta tarde nun helicóptero de Salvamento Marítimo despois de sufrir unha indisposición mentres realizaba a Ruta dos Faros, en Ponteceso. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o home sentiuse indisposto nunha zona de difícil acceso en Punta de Eiras.
Deste xeito, nada máis recibir a alerta dos feitos a través dunha persoa particular, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación do home en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ponteceso, dos Bombeiros de Bergantiños, do Servizo Municipal de Protección Civil, da Garda Civil e do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Ademais, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención de Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero de rescate no que o home indisposto foi evacuado ao Aeroporto de Alvedro e, posteriormente, foi trasladado a un centro médico nunha ambulancia.