O portavoz de Adiante Vimianzo e exalcalde durante oito anos, Manuel Antelo Pazos, presentou hoxe a súa renuncia como concelleiro na corporación local.
«Cando un cre que na Política hai que renovar para impulsar os proxectos, que os cargos institucionais non son para sempre, e que hai moitos sitios onde participar e aportar; e que a vida é unha sucesión de ciclos, que se abren e pechan… Hai que actuar en coherencia» sinalou Antelo a través das redes sociais, nunha reflexión que tamén recolle no escrito presentado no concello.
Manuel Antelo manifesta a súa vontade de continuar «participando na vida política ao servizo da cidadanía vimiancesa pero desde outros ámbitos» co obxectivo de que «o nacionalismo retorne novamente a gobernar o noso concello».