Segundo informa AXEGA 112 , unha persoa foi trasladada despois de verse implicada nunha colisión múltiple entre tres vehículos no concello de Cee.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 21:00 horas tras recibir a chamada de alerta do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Durante a comunicación, os xestores do 112 foron informados dunha colisión múltiple na AC-550 onde unha persoa resultou ferida.
Así, para prestar apoio aos profesionais sanitarios, desde o 112 pasouse aviso aos Bombeiros de Cee, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos efectivos de Protección Civil da localidade e ao servizo de mantemento da vía.