6.5 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

A Policía Local detectou oito positivos por alcohol e drogas en condutores

A Policía Local da Laracha, no exercicio do seu labor de control da seguridade viaria nas estradas do termo municipal, detectou nos últimos días oito condutores que deron positivo nas probas de alcohol e de drogas.

En concreto, foron interceptados tres condutores que arroxaron resultado positivo por consumo de substancias estupefacientes incompatibles coa condución, tales como cocaína, cannabis, anfetaminas e metanfetaminas.

Outros cinco automobilistas superaron a taxa máxima permitida de 0,25 mg/L de alcohol en aire expirado. En dous deses casos os condutores superaron o triplo desta taxa permitida, polo que se instruíron dilixencias por posible delito contra a seguridade viaria. A Policía Local reitera o perigo que supón conducir baixo os efectos do alcohol ou das drogas tanto para a persoa ao volante que incumpre a normativa como para os demais usuarios da vía.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos