14.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Ferido o condutor dunha furgoneta tras chocar contra un poste de electricidade en Coristanco

Info-AXEGA 112

O condutor dunha furgoneta resultou ferido despois de chocar o vehículo que conducía contra un poste de electricidade. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polo alertante, a furgoneta saíuse da vía cando circulaba pola estrada que une as localidades de Coristanco e Rus(Carballo)a. Debido ao impacto, o poste de formigón rematou apoiado enriba do vehículo.

Nada máis ter constancia dos feitos, ás 10:15 horas da mañá de hoxe, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Bergantiños e do GES de Ponteceso.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron que, malia estar liberado e accesible, o condutor necesitaba asistencia sanitaria.

Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, desde o 112 pasouse aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, aos efectivos de Protección Civil da localidade e á empresa subministradora de enerxía da zona.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos