14.9 C
Santa Comba
lunes, octubre 7, 2024

Accidente en Malpica con tres persoas feridas

Noticia actualizada aquí

Os Bombeiros de Bergantiños xunto cos membros do GES de Ponteceso e dos efectivos de Protección Civil de Malpica excarceraron a unha muller tras quedar atrapada no interior dun dos vehículos implicados.No accidente víronse implicados dous turismos, un deles envorcou.

Ocorreu na AC-418, punto quilométrico 13, á altura de Cerqueda, no concello de Malpica de Bergantiños. Ademais, segundo a información recibida no 112 Galicia, outras dúas persoas tamén resultaron feridas.Así, nada máis recibir a chamada de alerta de varios particulares, ao redor das 18:45 horas desta tarde, o 112 Galicia informou decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto un helicóptero medicalizado e dúas ambulancias.

Do mesmo xeito, pasouse aviso aos Bombeiros, ao GES de Ponteceso, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Desde o 112 Galicia tamén se requiriu a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada. De feito, foi necesario o corte da vía mentres os servizos de emerxencias traballaron na evacuación dos feridos.

Finalmente, a muller, tras ser liberada do interior do vehículo, foi evacuada polos servizos sanitarios e trasladada na aeronave ao centro hospitalario de referencia.

Os outros dos feridos, ocupantes do outro turismo, foron trasladados nas dúas ambulancias que os sanitarios derivaron ao punto, ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

INFORMACIÓN-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos