18.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Un menor foi trasladado logo de ser atropelado en Vimianzo

Info-AXEGA 112

Un neno menor de idade tivo que ser trasladado despois de sufrir un atropelo, no concello de Vimianzo.O suceso tivo lugar a poucos minutos das once da mañá no lugar de Carantoña. Foi a esa hora cando os servizos médicos alertaron ao 112 Galicia dun atropelo a un menor de idade na estrada comarcal AC-432, á altura do punto quilométrico 7.

Nese intre, os xestores do CIAE-112 informaron á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local, aos Bombeiros de Cee e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo.

Pese a que desde o primeiro momento, os servizos sanitarios informaron da mobilización dun helicóptero medicalizado para o punto, remataron por confirmarlle ao 112 que o neno foi traslado, finalmente, en ambulancia.

Co fin de garantir a seguridade na vía, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia tamén se lle deu aviso ao servizo de mantemento de estradas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos