11.4 C
Santa Comba
viernes, mayo 9, 2025

Alertan dunha posible estafa en Treos

O Concello de Vimianzo advirte dunha posible estafa en Treos tras rexistrar varios casos de dous individuos que se fan pasar por comerciais dunha subministradora eléctrica e piden, porta a porta, datos persoais e medicións dos contadores coa excusa de tramitar o bono social da luz.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, púxose en contacto coa empresa subministradora nesta zona para corroborar esta posible ilegalidade, e os feitos xa están en coñecemento das autoridades. O obxectivo destas persoas é captar novos clientes sen saber que se cambian de compañía para asinar contratos cunhas condicións abusivas.

Desde o Concello rógase precaución e que, de ter coñecemento, as persoas afectadas se poñan en contacto ca Garda Civil para darlle freo a esta posible estafa.

Nota- Concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos