15.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Atopan a unha muller falecida ao carón dunha estufa na súa vivenda en Trazo

Un veciño atopou a un home, residente da mesma casa da falecida desorientado na rúa, quen o levou a descubrir o achado.

Todo sucedeu sobre as 11:00 horas desta mañá, cando o alertante, a esa hora, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Solicitaba asistencia para unha muller que atopara queimada ao carón dunha estufa, nunha vivenda situada no lugar de Tarrío, no concello coruñés de Trazo. Aseguraba que había moito fume pero que, nese intre, non había incendio.

De inmediato, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha ambulancia para o lugar. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Ordes e a Garda Civil.Unha vez no lugar dos feitos, os Bombeiros comunicaron que non tiveran que intervir, posto que non había incendio.Todo parece indicar que a estufa prendeu na roupa da muller causándolle queimaduras no corpo ás que non logrou sobrevivir.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos