Unha persoa resultou ferida na tarde de onte despois de sufrir un accidente e envorcar o seu quad. Os feitos tiveron lugar ás 20:00 horas no concello coruñés de Val do Dubra.Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos profesionais sanitarios, debido á gravidade das lesións, foi mobilizado ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago.
A chamada de alerta ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia foi efectuada por un particular. Durante a comunicación, a testemuña do suceso indicaba que, pese a estar liberado, o condutor do vehículo recibira un forte golpe ao envorcar mentres circulaba pola localidade do Foxo, na parroquia de Rial, e necesitaba asistencia médica urxente.Así, para prestar auxilio ao ferido e coordinar a aterraxe da aeronave, desde o 112 solicitouse a intervención da Garda Civil e dos membros de Protección Civil da localidade.
Información- AXEGA 112