Unha muller necesitou axuda dos servizos de emerxencia na mañá de hoxe despois de producirse unha colisión entre un coche e unha furgoneta na AC-523, ao seu paso polo concello da Laracha, na provincia da Coruña.Foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcerar a ferida. Unha vez liberada, a muller puido ser atendida polos profesionais sanitarios, desprazados ata o lugar en ambulancia.
O accidente tivo lugar ao fío das 07:30 horas na estrada que une as localidades de Cerceda e Ledoño. Nese momento, o 112 Galicia foi informado da colisión ao recibir a chamada doutros condutores que circulaban pola vía e que puideron testemuñar que a ocupante do turismo non era quen de abandonalo polos seus propios medios.
Con estes datos, desde o 112 pasouse aviso de inmediato ao equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo e de Ordes, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.
Deste xeito, os equipos de intervención procederon a cortar un dos carrís da estrada mentres duraron as tarefas de excarceración e ata que as condicións de seguridade puidesen ser restablecidas.Desde o 112 tamén informouse aos efectivos de Protección Civil de Cerceda e A Laracha e tamén ao servizo de mantemento da vía.
AXEGA 112