Un home faleceu esta tarde en Santiago de Compostela despois de caer ao interior dun patio de luces dun edificio situado na Rúa de Fernando III O Santo.Preto das seis da tarde, o 112 Galicia recibiu a alerta do suceso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Nada máis ter coñecemento dos feitos, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Policía Nacional, dos Bombeiros de Santiago, da Policía Local e de Protección Civil.Unha vez no lugar, os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Santiago de Compostela abriron paso a través dunha fiestra para que accedesen ao lugar onde atopábase o home precipitado os axentes da Policía e os servizos sanitarios, que nada puideron facer por salvarlle a vida.Arestora, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.
INFORMACION- AXEGA 112