A caída dun traballador, desde unha escada de catro metros de altura, no concello de Carnota, fixo que os servizos sanitarios de urxencia tamén consideraran precisa a saída do helicóptero medicalizado, con base en Santiago.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente laboral ás 11:30 horas, mediante a propia chamada do 061. Nese momento, desde a central de emerxencias informouse aos axentes da Garda Civil e da Policía Local de Carnota e aos membros de Protección Civil, para dar apoio no lugar dos feitos.
INFORMACIÓN- AXEGA 112