Un home faleceu despois de cortarse cunha rebarbadora cando realizaba traballos nunha explotación gandeira na parroquia de Folladela, no concello coruñés de Melide.
Ás once desta mañá, os servizos sanitarios contactaban co 112 Galicia para informar da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para o Punto de Atención Continuada da localidade. Indicaban que un home sufrira un accidente cunha rebarbadora.
Aínda que nun primeiro momento, os profesionais sanitarios valoraron mobilizar a aeronave, esta acción foi anulada ao confirmarse que o varón estaba falecido.Para aclarar as circunstancias do suceso, ata o lugar desprazáronse os axentes da Garda Civil e Policía Local tras ser avisados polos xestores do 112.
INFORMA- AXEGA 112