Un barco acabou calcinado polo lume, esta madrugada, nas inmediacións do porto deportivo de Camariñas.O 112 Galicia recibiu, pasadas as 04:00 horas da madrugada de hoxe, a chamada do posto de Salvamento Marítimo de Fisterra sobre un aviso dun incendio nun barco no peirao do concello de Camariñas, ao carón da lonxa.
Inmediatamente, os operadores do CIAE 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Cee, aos axentes da Garda Civil, ao Servicio de Gardacostas de Galicia, aos membros de Protección Civil de Camariñas e aos Servizos Sanitarios de Urxencia.
Xa desde o lugar, os Bombeiros e a patrulla da Garda Civil confirmaron ao 112 Galicia que a embarcación ardeu por completo e que, por fortuna, non houbo persoas afectadas nin danos materiais a maiores.