14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Un incendio provoca a morte duns 23.000 polos nunha explotación de San Amaro

Un incendio declarado esta tarde nunha nave dedicada á explotación de polos, localizada no concello ourensán de San Amaro, calcinou por completo a edificación provocando a morte de todos os animais que estaban no seu interior.

Todo comezou ás 18:00 horas cando o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta de varios particulares que informaban dun lume nunha granxa na estrada que une as localidades de Maside e San Amaro, precisamente na parroquia de Grixoa.

Con esa información, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Carballiño e da Central de Incendios Forestais da zona. Igualmente, pasouse aviso aos efectivos de urxencias sanitarias por se fose necesaria a súa intervención.

Tras finalizar a intervención, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que foi necesario o uso de varias motobombas para conter a virulencia das lapas, que consumiron a nave na súa totalidade.

Para prestar apoio aos servizos de emerxencia e coñecer as causas do suceso, desde o 112 solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e tamén pasouse aviso ás autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.

FONTE- AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos