O condutor dun turismo foi localizado sen vida despois de saírse da vía o seu vehículo na AC-400, ao paso por Mazaricos.Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as doce deste mediodía na estrada que une Pino do Val con Santa Comba. Alí acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia, que atoparon ao condutor fóra do coche e sen constantes vitais.
Así o confirmou o equipo médico desprazado no lugar do accidente co fin de que fosen activados os servizos forenses. Ademais, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos membros do GES de Muros e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico.
INFORMA 112 GALICIA