A asociación de veciños San Xoán de Grixoa, de Santa Comba, activou na súa páxina de Facebook unha enquisa «para coñecer de primeira man as necesidades dos veciños que vivimos nas aldeas».
Piden a opinión dos veciños das distintas parroquias de Santa Comba que logo publicarán, respectando o anonimato das persoas participantes, e achegarán estas propostas ao concello.

