Os equipos de emerxencias e mantemento tiveron que intervir esta tarde para realizar a limpeza dunha extensa mancha de aceite na AG-55, ao seu paso polo concello coruñés de Arteixo.Segundo a información facilitada ao 112 Galicia ás 16:00 horas, unha avaría nun autobús -que circulaba sen pasaxeiros- foi o que provocou a vertedura da sustancia na autopista.
Así, para restablecer as condicións de seguridade na estrada, desde o 112 pasouse aviso aos Bombeiros de Arteixo, ao servizo de mantemento da vía e aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.Unha vez no lugar, os equipos de intervención indicaron que un dos carrís, sentido Carballo, estivo cortado desde o punto quilométrico 12,3 ata o 13,4 mentres duraron os labores de limpeza.