13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Evacuadas dúas persoas en Muros por intoxicación

Info AXEGA 112- A mala combustión dun quentador de auga puido ser a causa da intoxicación de dúas persoas en Muros

A acumulación de monóxido de carbono no interior dun domicilio obrigou a evacuar a dúas persoas, un adulto e un menor, en Muros.Posiblemente, a mala combustión dun quentador de auga puido ser a orixe desta intoxicación, que levou aos dous ocupantes dunha vivenda en Madernados ao Hospital Clínico de Santiago.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste suceso pasadas as dez da noite pasada mediante un aviso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron a este enderezo para atender a dúas persoas, un adulto e un menor, que presentaban síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono.

Para comprobar esta situación, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos membros do GES de Muros para que se realizasen as medicións necesarias. Unha vez rematadas, concluíron que a causa podería ser unha mala combustión do quentador de auga, aínda que o feito de que a estancia estivese ventilada impediu establecer unha orixe con toda fiabilidade.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos