14.2 C
Santa Comba
viernes, octubre 4, 2024

Catro persoas resultan feridas nunha colisión entre dous coches en Ames

Unha colisión entre dous turismos ocorrida esta tarde en Ames saldouse con catro persoas feridas, das cales dúas tiveron que ser trasladadas a un centro médico. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polos axentes da Garda Civil de Tráfico, o sinistro produciuse na AC-544, no punto quilométrico 2, á altura de Caroubáns.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ao fío das 16:45 horas, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 pasaron o aviso á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil da localidade, ao GES de Brión e aos Bombeiros de Santiago de Compostela.

Ademais, desde Emerxencias 112 solicitouse a intervención do servizo de mantemento da estrada, co fin de recuperar as condicións de seguridade na vía, debido a que o impacto dos dous vehículos produciu unha mancha de combustible na calzada.

Info-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos