12.5 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Desbordamento do Río Anllóns

O Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA desprazouse a Ponteceso para achicar auga debido ao desbordamento do río Anllóns.

O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da AXEGA desprazouse este mediodía ata Ponteceso cunha bomba de achique de gran caudal e un semiremolque con 16 bombas de achique para aliviar a auga acumulada en numerosas vivendas e outros inmobles anegados a causa do desbordamento do río Anllóns.

Ademais do río Anllóns ao seu paso por Ponteceso, os sistemas de control e observación indican que os ríos Miñor en Gondomar e o Lérez en Pontevedra tamén superaron os limiares establecidos.

Debido a esta situación, a Xunta de Galicia mantén activo o Plan Inungal ante a posibilidade de que poidan producirse desbordamentos. Deste xeito, continua a vixilancia sobre os ríos en todas as concas galegas que, como consecuencia da situación meteorolóxica, poden experimentar aumentos considerables dos seus caudais e provocar enchentes puntuais.

INFO-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos