13.2 C
Santa Comba
jueves, noviembre 7, 2024

Evacuada unha persoa en helicóptero despois de sufrir unha saída de vía en Cerceda

AXEGA 112-

Unha persoa resultou ferida -e necesitou a axuda dos servizos de emerxencia para abandonar o vehículo- despois de saírse da vía e caer por un desnivel cando circulaba pola DP-2104, ao seu paso pola parroquia das Encrobas, no termo municipal coruñés de Cerceda.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro tivo lugar moi preto das doce horas na estrada que una as localidades de Meirama e Encobras. Debido á gravidade das lesións provocadas polo impacto, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizaron ata o punto ao helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Foron os membros de Protección Civil de Cerceda os que puxeron os feitos en coñecemento do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia. Deste xeito, para prestar apoio ao equipo médico e garantir as condicións de seguridade na vía, o persoal do 112 Galicia pasou aviso de inmediato aos Bombeiros de Ordes e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.Unha vez rematadas as labores de excarceración, a persoa ferida foi encamiñada ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña a bordo da aeronave médica.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos