Unha saída de vía no concello coruñés da Baña, deixou tres persoas feridas na mañá de hoxe.O accidente ocorreu ao fío das 08:00 horas na DP-0702 e foron os propios profesionais dos servizos sanitarios quen chamaron ao 112 Galicia para informar do ocorrido.
Nada máis ter constancia dos feitos, desde o 112 pasouse aviso aos Bombeiros de Santa Comba e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.