Info-axega 112
Os tres feridos foron trasladados polos servizos sanitarios de urxencia.Varios particulares contactaban, sobre as 21:00 horas deste xoves, co 112 Galicia para informar dunha colisión múltiple que acaba de ocorrer no punto quilométrico da 31 da AG-55, en Oza, dirección Carballo. Indicaban que vían varios coches coas portas abertas e que algún dos ocupantes podía precisar asistencia sanitaria.
Así, nada mais recibir o aviso, desde o 112 informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Carballo e aos axentes de Tráfico. Tamén foron informados os efectivos de Protección Civil da localidade e o persoal da Autoestrada.
Unha vez no punto, os Bombeiros descartaron o uso do material de excarceración e confirmaron que foran catro vehículos os implicados. Precisaron, ademais, que aínda que non parecían revestir gravidade, tres persoas resultaron feridas e foron trasladadas polos servizos sanitarios.