O deputado provincial José Manuel Lage Tuñas visitou o concello de Ponteceso, acompañado polo alcalde Lois García Carballido e pola concelleira Noelia González.
Na súa estadía comprobou as obras de ampliación do acceso a Tella «do Petón aos Seixos» e visitou «os terreos do parque empresarial onde se van construír cinco naves para aluguer con opción a compra».Lage tamén participou nunha xuntanza no polígono, xunto co presidente da asociación de empresarios do parque empresarial de Tella, José Ramón Pombo.