11.1 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Bate contra outro coche ao quedar o condutor mirando para outro vehículo ardendo

INFO-AXEGA 112

O incendio nun vehículo sorprende a outro condutor e provoca un accidente.Sucedeu pouco antes das once esta mañá na estrada que une Seoane con Ponte Maceira, á altura do desvío cara a Santa Comba.

O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro mediante a chamada dunha persoa particular que alertaba dunha colisión con persoas feridas. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local, que, unha vez no lugar, comprobaron que o accidente produciuse pola distracción dun condutor ao quedar mirando para outro vehículo ardendo. Por este motivo, saíuse da vía e bateu contra un terceiro turismo. Como consecuencia do golpe, dúas persoas resultaron feridas e necesitaron asistencia médica.

Efectivamente, uns minutos antes, preto das 10:30 horas, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de persoas que advertían dun coche ardendo cando se desprazaba pola mesma vía. Para facer fronte á situación, os xestores do 112 Galicia avisaron aos Bombeiros de Santa Comba, así como aos membros do GES de Brión e á Garda Civil de Tráfico.

Apenas un cuarto de hora despois, o incendio do vehículo sorprendeu ao condutor doutro coche e provocou o accidente. En canto ao incendio, os efectivos de extinción confirmaron que o turismo ardeu por completo sen provocar danos persoais. Con todo, os bombeiros segue traballando no lugar para limpar a vía e restablecer as condicións de seguridade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos