15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Encontrado o corpo sen vida dun traballador no interior dun domicilio en Santiago

AXEGA 112-

O corpo sen vida dun operario foi encontrado este mediodía no interior dunha casa no concello de Santiago de Compostela.O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao fío das 12:00 horas de hoxe, momento en que os propietarios do domicilio chamaron para comunicar os feitos ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia. No seu relato, informaban que encontraron ao operario, que realizaba traballos de pintura na vivenda, inconsciente.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pero, pese aos esforzos do equipo sanitario desprazado ata o lugar dos feitos, nada se puido facer por salvarlle a vida.Co fin de coñecer as circunstancias do suceso, desde o 112 solicitouse a intervención dos axentes da Policía Nacional e Local.Ademais, os efectivos de Protección Civil da localidade foron informados por se fose necesaria a súa colaboración

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos