10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Tres persoas feridas en Arteixo

Un accidente entre dous coches rematou con tres persoas feridas, entre elas un menor, na pasada tarde co concello coruñés de Arteixo. O sinistro foi rexistrado na AC-415 ao fío das sete horas.

A esa hora, un dos implicados na colisión chamou ao Centro Integrado de Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 para solicitar asistencia médica para un dos ocupantes dos vehículos accidentados. No seu relato, indicaba que a persoa ferida parecía estar inconsciente e que, ademais, sería necesaria a intervención dos equipos de emerxencia para liberala.Axiña, desde o CIAE pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo e ao Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención informaron ao 112 que foi necesaria a extracción dunha das portas do vehículo para poder acceder á persoa ferida. Dese xeito, os servizos sanitarios puideron evacuala xuntamente con outro ocupante dun dos vehículos ata o centro hospitalario de referencia.O terceiro ferido, un menor, foi evacuado polos pais polos seus propios medios a un hospital.

FONTE-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos