10.9 C
Santa Comba
sábado, enero 4, 2025

Trasladan a unha muller tras producirse un incendio na súa vivenda en Negreira

AXEGA112- Un incendio iniciado nun cuarto dunha vivenda da Avenida de Barcala, en Negreira, foi a causa pola cal unha muller resultara afectada pola inhalación de fume.A persoa afectada, unha muller de avanzada idade e encamada, tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

O incendio está totalmente extinguido, ardeu un salón con distintos utensilios que había no seu interior como un sofá, roupa e outros elementos. Ademais, o resto da vivenda resultou bastante afectada polo fume. Así o confirmaron os membros do GES de Brión ao 112 Galicia.Todo sucedeu sobre as 14:00 horas deste mediodía, foi a esa hora cando un particular contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que ardía un cuarto da vivenda e que non había feridos pero si, unha persoa maior encamada noutra habitación.

A partir de aí, os xestores do 112 deron aviso inmediato aos Bombeiros do Xallas e aos membros do GES de Brión, ademais, por precaución, puxeron en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia que, finalmente, tiveron que intervir e evacuar á muller que resultou afectada.

No operativo tamén participaron, tras ser informados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil e os efectivos de Protección Civil da localidade.Unha vez extinguido o lume e ventilada a vivenda, os servizos de emerxencias deron por rematada a intervención.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,060SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos