6.8 C
Santa Comba
lunes, mayo 27, 2024

Un operario, ferido de consideración ao caer desde unha altura de tres metros en Muros

Un operario resultou ferido de consideración esta tarde despois de caer dunha altura duns tres metros nunha gasolineira no Polígono Industrial de Muros.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 16:00 horas, a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao lugar dos feitos e no que o operario ferido foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, para prestar apoio ao equipo médico desprazado a bordo da aeronave, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e dos efectivos do GES de Muros.

Info-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos