10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

37 denuncias no concello da Laracha por incumprimento das medidas sanitarias

Na media noite do pasado sábado entraron en vigor no Concello da Laracha as medidas de prevención específicas establecidas polas autoridades sanitarias e dirixidas a evitar a expansión do coronavirus ante o incremento no número de contaxios rexistrados no termo municipal. As principais restricións consistiron no peche perimetral coa comarca de Bergantiños (prohibindo a mobilidade das persoas, salvo por casos debidamente xustificados, nos límites cos concellos de Arteixo, Cerceda e Culleredo), a limitación das agrupacións exclusivamente a persoas convivintes e o peche da hostalería.

A Policía Local da Laracha intensificou o seu labor de control das medidas vixentes, especialmente durante o sábado e o domingo, e tramitou na pasada semana un total de trinta e sete denuncias. Os principais incumprimentos detectados consistiron en saltarse o peche perimetral, atoparse en espazos públicos sen empregar a máscara, fumar na vía pública sen respectar a distancia de seguridade e as xuntanzas de persoas non convivintes.

Ademais, en canto ao labor de control da circulación na rede viaria, os axentes do corpo de seguridade municipal interceptaron dous condutores que deron positivo por consumo de drogas e outros dous que superaron a taxa de alcohol permitida na proba de aire expirado. Nos catro casos, a Policía Local iniciou os preceptivos expedientes sancionadores.

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos