10.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Evacuado un varón con síntomas de intoxicación por inhalación de gases en Negreira

Os servizos sanitarios trasladaron esta tarde a un home ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago que presentaba síntomas de intoxicación por inhalación de gas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos efectivos de emerxencia que acudiron ao domicilio do afectado, o suceso produciuse pouco despois das tres horas da tarde de hoxe, no concello coruñés de Negreira. Nese momento, os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiron ao número 26 da Rúa da Cachurra para atender a un home con diversos síntomas dunha posible intoxicación.

Desde o 112 Galicia, informouse decontado aos Bombeiros de Santa Comba, ao GES de Brión e aos axentes da Policía Local. Igualmente, avisouse aos responsables da empresa que subministra o gas á vivenda e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de intervención fixeron as medicións pertinentes e indicaron que un forno puido ser a causa do escape nocivo de gas.

Axega 112-

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos