O concello de Santa Comba informou da existencia de 28 casos positivos activos por coronavirus no concello. De momento, nas alertas Covid-19 da Consellería de Sanidade permanece en Alerta 2-(Nivel laranxa) con entre 14 e 21 novos casos confirmados por PCR nos últimos sete días.O mapa de alertas da Xunta actualízase diariamente.
Desde o concello xalleiro onte confirmaban a existencia de dous casos positivos no Servizo Municipal de Protección Civil.