13.4 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Un operario perde a vida e outro traballador resulta ferido de consideración ao caer dunha torre de alta tensión en Outes

Info- AXEGA 112

Dous traballadores sufriron un accidente laboral esta mañá en Outes. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, un deles perdeu a vida e o outro operario resultou ferido de consideración ao caer ao chan dende unha torre de alta tensión mentres realizaban labores de mantemento a unha altura duns sesenta metros.

Os feitos tiveron lugar nunha zona de monte na parroquia de Valadares, preto das 10:15 horas. Nese momento, varias persoas particulares deron conta do accidente ao 112 Galicia.

Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o lugar un helicóptero medicalizado, no que finalmente foi trasladado o traballador ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Por outra banda, os efectivos médicos nada puideron facer por salvarlle a vida ao outro operario accidentado.

Cómpre salientar que neste operativo interviñeron, tras ser alertados polo 112 Galicia, os membros do GES de Muros, os axentes da Garda Civil e da Policía Local, os voluntarios de Protección Civil de Outes e Mazaricos e a empresa subministradora de electricidade.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos